Ayuda
Ir al contenido

Resumen de Os valores da comunicación nas entidades do terceiro sector da discapacidade: mediación, estratexias e tratamento nas publicacións escritas

María Teresa Acuña Rodríguez

  • En materia de discapacidade non todo está resolto, falta moito por facer para lograr a plena inclusión das persoas con discapacidade na sociedade, eliminando as barreiras e estereotipos do pasado. Neste sentido, tanto os medios de comunicación como as entidades do Terceiro Sector da discapacidade xogan un papel determinante na activación dunha comunicación non excluínte e dende os valores encamiñada ao cambio social. Existen determinadas visións sobre as persoas con discapacidade, as cales se materializan en formas concretas de exclusión e reclusión, chegando mesmo á vulneración dos dereitos das persoas. En moitas ocasións, os medios non abordaron este fenómeno de modo que contribúa á socialización da persoa con discapacidade e á visión dende un prisma de normalidade e transversalidade que posibilite a súa participación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus