Ayuda
Ir al contenido

Papés d’emprenta condenada (II): lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea

Imagen de portada del libro Papés d’emprenta condenada (II)

Información General

Resumen

  • No mes de setembro do ano 2008 o Consello da Cultura Galega publicou o libro titulado Papés d’emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 (I), que era o resultado dun traballo colectivo iniciado anos atrás co obxectivo de reunir a produción escrita en lingua galega durante as primeiras décadas do século XIX que se deu conservado ata hoxe e que á altura de 2008 se coñecía. Un ano despois, o simposio Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea (Santiago de Compostela, 3-11 de novembro de 2009) serviu para presentar publicamente unha boa partedos traballos que ían conformar o volume de estudos que o lector ten agora nas mans. O intercambio de ideas entre os distintos conferenciantes e entre estes e os asistentes ás xornadas permitiu afinar os xuízos dos relatores e arrequentalos cos coñecementos e as reflexións doutras persoas.

    Con toda a certeza, o aumento do cultivo escrito da lingua galega e da publicación de textos en galego garda estreita relación co xermolar dos sentimentos e ideoloxías galeguistas, que nos principios do século XIX, cando as vellas estruturas do Antigo Réxime empezaban a abanear levemente, se encontraban en estado aínda embrionario. Ora ben, ese aumento está tamén indubidablemente conectado coa aparición e o primeiro desenvolvemento da prensa en Galicia, propiciados polo vivaz debate público suscitado daquela entre os absolutistas e os liberais, é dicir, entre os partidarios de deixar estar as cousas tal como viñan estando desde había séculos e os que propugnaban a instauración dunha nova orde política e socioeconómica sustentada sobre a base do recoñecemento da soberanía popular. Os traballos que neste volume se agruparon constitúen unha reflexión colectiva sobre todos estes procesos.

Otros catálogos

  • Citas a capítulos: 1 Citas

Listado de artículos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno