Ayuda
Ir al contenido

A lingua galega no solpor medieval

Imagen de portada del libro A lingua galega no solpor medieval

Información General

Reseñas

Resumen

  • No ano 2007 o Consello da Cultura Galega e o Instituto da Lingua Galega publicaron unha obra colectiva que levaba o título de Na nosa lyngoage galega. A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media. Este volume acha agora o seu reverso nestoutro libro, que se debruza sobre a cuestión do abandono do uso escrito formal da nosa lingua entre os séculos XV e XVI e sobre os procesos de cambio en que naquela altura estaba inmersa. Os traballos en que se estudan as cuestións relativas á lingua galega no final da Idade Media van precedidos por unha análise do marco político, económico e social en que o reino de Galicia chegou a esta conxuntura histórica e por dúas contribucións destinadas a presentar o escenario en que se deu a transición da Idade Media á Idade Moderna en dúas comunidades lingüísticas veciñas de Galicia que estaban inmersas en escenarios sociolingüísticos ben diferentes entre si: Portugal e Asturias.

Otros catálogos

  • Citas a capítulos: 12 Citas

Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno