Ayuda
Ir al contenido

Resumen de A representación das mulleres no mapa da cidadanía española no exterior: un reflexo da pegada migratoria?

María Xosé Rodríguez Galdo, Pilar Freire Esparís

  • A representación das mulleres no Padrón de Españoles Residentes en el Extranjero (PERE), que publica o Instituto Nacional de Estadística (INE), sobrepasa o 51%, sendo esta superior en América (51,35%) e, a moi corta distancia, tamén en Europa (50,91%), os dous continentes que acolleron o maior volume da corrente migratoria española, se ben, por países, dita representación resulta máis acusada nuns que noutros.

    A superioridade numérica das mulleres no mapa da cidadanía española no exterior non pode entenderse como o reflexo directo dunha suposta feminización dos fluxos migratorios españois, tanto os da etapa americana como da europea, que non refrendarían as estatísticas da emigración española que normalmente se manexan, pero si invitan a estudar en qué medida esta pode reflectir aspectos substanciais da historia pasada e recente da emigración española, tanto de natureza económica como política, e, de maneira particular, a implicación das mulleres na mesma.

    A análise que realizamos aquí de dous casos ben representativos (Gran Bretaña e México) permite achegármonos ao por qué desas diferenzas na representación por sexo e a considerar o alcance dos estereotipos de xénero no canto de condicionar a visión dun fenómeno tan complexo, como é a relación mulleres e emigración.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus