Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de "A miña variedade é defectuosa": a lexitimidade social das neofalas

Bernadette O'Rourke, Fernando Ramallo Fernández

  • Malia que a lingua galega sobreviviu varios séculos de contacto co castelán, unha combinación de factores sociopolíticos e socioeconómicos na segunda metade do século XX acelerou o proceso de substitución lingüística. As accións de política lingüística postas en marcha desde 1980, non obstante, tentaron conter esta tendencia, nun esforzo por manter a lingua galega en ámbitos nos que sempre se falou e a revitalizala nos que foi tradicionalmente desprazada.

    Aínda que o número dos chamados "falantes nativos" ou "falantes tradicionais" do galego continúa en caída, houbo unha incipiente recuperación da lingua entre determinados sectores máis novos, urbanos e falantes nativos de castelán. Malia que as características sociais deste grupo son positivas para as perspectivas de supervivencia da lingua galega, os chamados "novos falantes", ou "neofalantes" atópanse frecuentemente negociando o seu dereito a un espazo lingüístico entre os falantes nativos de castelán e os de galego. Neste artigo imos explorar este espazo lingüístico a través da análise dos discursos contemporáneos sobre os "novos falantes" e dos "novos falantes" do galego. Estes discursos producíronse en tres grupos de discusión con falantes nativos e non nativos de galego. Na nosa análise dos datos, detémonos no papel do neofalante como falante lexítimo e lexitimado (Bourdieu 1982). O traballo conclúe que o espazo sociolingüístico das neofalas e dos neofalantes precisa de máis recoñecemento social, imprescindible para o futuro da lingua.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus