Ayuda
Ir al contenido

Os escritores e a prensa galega: tan só a punta do iceberg

  • Autores: Rosa Aneiros Díaz
  • Localización: Comunicación local : da pesquisa á producción: actas do Congreso Internacional Lusocom 2006, Santiago de Compostela, 21 e 22 de abril de 2006 / coord. por Margarita Ledo Andión, 2006, ISBN 84-9750-620-0, págs. 4937-4956
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • O debate sobre as relacións entre o xornalismo e a literatura é unha constante na historia da prensa. Entre o articulismo do século XIX e as mostras do xornalismo informativo de creación de finais do século XX existe un amplo abano de propostas discursivas e modalidades expresivas que chegan a romper as fronteiras habitualmente concibidas entre ambas disciplinas. Nas portas do século XXI o debate non só non esmoreceu senón que é reavivado pola presenza numerosa de escritores na prensa. No caso galego, todas as cabeceiras contan con varios colaboradores que salientan, asemade, polo seu traballo na creación literaria. Porén, e tal e como se defenderá nesta comunicación, esta presenza, numerosa cuantitativamente, resulta moi pobre no ámbito cualitativo. A sinatura dos escritores outorga prestixio ás páxinas do xornal pero redúcese, na súa maior parte, a colaboracións de opinión marcadas pola actualidade e pola súa extensión reducida. Desta maneira os escritores non aparecen las liñas de crédito das reportaxes, das crónicas ou das entrevistas, todos eles xéneros interpretativos que favorecen a experimentación nas posibilidades expresivas. Así, a súa capacidade de renovar a linguaxe periodística e as súas modalidades narrativas vese limitada polas escasas posibilidades ofrecidas polos medios de comunicación. A presenza dos escritores e escritoras na prensa de Galicia é, pois, só a punta do iceberg do que esta maridaxe podería ofrecer ao xornalismo galego e, por suposto, aos lectores, nun tempo en que a prensa debe reconsiderar o seu discurso comunicativo nesta chamada sociedade da información.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno