Ayuda
Ir al contenido

Resumen de O paradigma galego nunha cartografía identitaria da poesía na península Ibérica: máis alá de minorización e normalización entre resistencia e institucionalización

Javier Gómez Montero

  • Xoán González-Millán sentou as bases metodolóxicas que permitirán estudos críticos das literaturas minorizadas -non só en España- desde a perspectiva da interacción entre discursos sociais e estéticos. Desde a súa cátedra neoioquina desenvolveu un sólido rexistro de categorías e conceptos teóricos aptos para reescribir a historia dos xéneros da literatura galega na Modernidade a partir de cuestións e problemas que a estructuran desde o Rexurdimento ata os nosos días. O presente ensaio recorre a toda unha serie de ideas e formulacións auspiciadas por Xoán González-Millán para describir na poesía galega aspectos da articulación histórica da Nación (a súa concepción, construción narrativa e procección posnacionalista) desde a fase fundacional dos discursos identitarios á sombra do Romanticismo, pasando pola consolidación da conciencia histórica de Galicia como nación na resistencia cultural durante o franquismo ata chegar ás súas reformulacións políticas e posmodernas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus